A fantástica fotografía de Norman Parkinson relacionada coa moda amósase nunha exposición na Fundación Barrié de A Coruña que serve de base a un obradoiro de e-textiles conectados a unha placa Makey Makey.
Máis info sobre a exposición de base neste ligazón e neste outro sobre o desenvolvemento das actividades relacionadas.
Os participantes aprenden a profundar de forma lúdica e pedagóxica nos aspectos relevantes da exposición de Norman Parkinson. Inspirándonos nas súas fotografías máis icónicas, nesta actividade achégase de forma innovadora ás diferentes fases da carreira deste gran artista. En concreto, para descubrir o seu atrevido estilo retratando aos seus modelos femininas e para entender a súa importante presenza na fotografía de moda.
Esta actividade é unha iniciación básica á electrónica e a novas técnicas para a integración da tecnoloxía en téxtiles. Podemos crear circuitos eléctricos empregando fío condutivo enlazando compoñentes electrónicos sinxelos como os leds con puntadas sobre materiais textis como o feltro. A continuación conéctase ca placa Makey Makey executando un programa creado con Scratch.
" Costureira sen dedal, cose pouco e cose mal" Refraneiro popular
Comments