top of page

Proxecto   OcaSTEM

protagonistas.png

O equipo de traballo do proxecto está a crear un xogo da oca con casas nas que estean representadas mulleres e homes que achegaron a súa valía en diferentes campos do coñecemento, para difundir a cultura STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) identificando a algunhas das persoas que tiveron un papel relevante nestes campos ao longo da historia utilizando realidade aumentada e un robot escornabot.

 

O xogo pretende ser inclusivo para que persoas con diversidade funcional poidan participar plenamente, integrando locuciones en audio-vídeo, dados con textura e/ou braille, ademais de textos e elementos multimedia.


O xogo pode facerse de tres formas:

​

  • a. Só con realidade aumentada.

    • Un taboleiro impreso co xogo de tamaño mínimo A3.

    • Un ou dous dados, ou aplicación móbil de dados, segundo prefírase.

    • Fichas distintivas (poden ser botóns de cores ou fichas con texturas).

    • Un dispositivo móbil polo menos para identificar as casas.

 

  • b. Con robots escornabot

    • Un taboleiro impreso co xogo coas medidas específicas. Cada casa debe medir 10 x 10 cm.

    • Un ou dous dados, ou aplicación móbil de dados.

    • Empregaranse os diferentes robots escornabot como fichas para o xogo.

 

  • c. Con robots escornabot e realidade aumentada

    • Un taboleiro impreso co xogo coas medidas específicas. Cada casa debe medir 10 x 10 cm.

    • Un ou dous dados, ou aplicación móbil de dados.

    • Empregaranse os diferentes robots escornabot como fichas para o xogo.

    • Un dispositivo móbil polo menos para identificar as casas.

Impresiónate

Unha das grandes posibilidades da impresión 3D é conectar o mundo virtual e dixital co mundo físico. Para poder xogar neste gran xogo podes empregar dúas pezas completamente personalizadas no Escornabot: as escornirodas e a escorniface. As dúas están a túa disposición para a descarga gratuita dende Thingiverse.

bottom of page