mOas maker space
Espazos de traballo, espazos creativos
O Moas Maker Space é un espazo de surxe dun proxecto de Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia co principal obxectivo de fomentar as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o alumnado, non afastando as áreas de traballo senón fundindoas nun modelo enriquecido con proxeción na sociedade actual .
Os Espazo Maker foi concibido como unha zona específica dentro do centro escolar, o IES Monte das Moas en A Coruña, estando dotado cos medios tecnolóxicos necesarios para que o alumnado poida materializar a súa creatividade a través de proxectos de investigación e experimentación. Estamos a falar sempre de aprender facendo e tamén aprender dos erros cometidos no proceso.
Neste espazo creemos na aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño, na solución e resolución de problemas e na aprendizaxe entre iguais.
No interior do Moas Maker Space podes atopar áreas de traballo que permiten un desenvolvemento de actividades en zonas sen interferencias e que potencian a colaboración entre os equipos ou grupos. Estas áreas son as seguintes, no apartado makertour podes realizar un percorrido en realidade virtual polas nosas instalacións.