Detrás dun gran proyecto como o Moas Maker Space agóchase unha persona inquieta, creativa e chea de grandes ideas para impulsar o alumnado cara a novos proxectos e aprendizaxes profundos baseados na experiementación e no descubremento. Falamos de Conchi Fernández, a docente de Tecnoloxía e TIC que participa nun proxecto colaborativo chamado OCA STEM
O proxecto OcaSTEM é un xogo que combina a robótica e a ciencia con 38 científicos e científicas protagonistas do clásico taboleiro, é un traballo colaborativo entre un equipo de profesores de toda España que compartirán co resto da comunidade educativa disposta a utilizalo na súa docencia. Coordinado por Bernat Llopis, o equipo de profesores (uns seis) puxéronse ao choio compartindo os seus avances vía Google Drive. Conchi Fernández é a cara galega deste traballo conxunto, encargándose das biografías das científicas que protagonizan o xogo da OcaSTEM, os vídeos resumos e o deseño de pezas personalizadas 3D do escornabot.
Podes revisar este interesante artigo publicado no faro de Vigo nesta ligazón e saber máis do proxecto OcaSTEM neste outro.
" De Oca a Oca e tiro porque me toca "
Comments